ECOBAS conta cunha nova Doutora entre as súas filas
Natalia Vaz, investigadora de ECOBAS pertencente ó grupo CoAFin, doutorouse coa calificación de sobresaínte cum laude o pasado dez de xuño coa sua tese sobre a verificación das memorias de sustentabilidade
O equipo de ECOBAS está formado por máis de 150 investigadores, dos cales un 82% son doutores. A última en obter esta titulación foi a investigadora Natalia Vaz, que se doutorou coa calificación de sobresaínte cum laude o pasado dez de xuño cunha tese que leva por título “La verificación de las memorias de sostenibilidad: factores determinantes de su mercado” e que dirixiron Belén Fernández-Feijóo e María Silvia Ruiz, ambas do grupo CoAFin.
O obxectivo da investigación levada a cabo por Vaz foi analizar o mercado de verificación externa das memorias de sustentabilidade (MS) en España dende o punto de vista da oferta, da demanda e dos usuarios para entender os parámetros do seu funcionamento, os suxeitos que interveñen nel e as motivacións reais da súa existencia. O traballo conclúe que existe un mercado dominado por unhas poucas empresas que levan a cabo a verificación das MS de forma estruturada e cunhas bases formais asentadas, pero que existen debilidades respecto á implicación dos stakeholders, tanto por parte das empresas informantes coma dos verificadores, o que provoca un déficit de confianza por parte dos usuarios do servizo.
Integrated reporting, an internal overview- Business Ethics 2016.pdf