14/06/2022

ECOBAS colaborará coa Asociación Amicos na limpeza de praias

O Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS colaborará na limpeza de praias da zona de Vigo no marco dunha das actividades organizadas polo proxecto RE-MAR III, impulsado pola Asociación Amicos xunto co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Trátase dun proxecto que emprega a ciencia cidadá para reforzar a colaboración entre os sectores pesqueiros e máis estreitamente ligados ao mar, a poboación local, e os visitantes das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia, na busca dun modelo baseado na conservación da contorna litoral e mariña.

A actividade terá lugar na praia de Ladeira no concello de Baiona ás 11h e extenderase ata as 13h. Haberá transporte gratuíto desde Vigo, cos seguintes horarios:

9:30h CUVI – Pérgola da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

9:45 Praza de España -Vigo

Crearase un Equipo ECOBAS ao que poderán unirse todas as persoas, pertencentes ou non ao Centro, interesadas en participar nesta iniciativa e aportar o seu grao de area. Para sumarse a este equipo é preciso cumprimentar este formulario antes do domingo 17 de xullo ás 23.59h. indicando os datos persoais solicitados. A actividade desenvolverase ás 11:00h (CEST) na Praia de Ladeira (Baiona). Haberá transmporte grautito desde Vigo.

¡Todas as persoas participantes recibirán un agasallo do Centro!