19/07/2022

ECOBAS colabora coa Asociación Amicos na limpeza de praias

O Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS colaborou esta mañá nunha sesión de limpeza na praia de Ladeira (Baiona) no marco dunha das actividades organizadas polo proxecto RE-MAR III, impulsado pola Asociación Amicos xunto co Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas. Trátase dun proxecto que emprega a ciencia cidadá para reforzar a colaboración entre os sectores pesqueiros e máis estreitamente ligados ao mar, a poboación local, e os visitantes das Illas Atlánticas de Galicia e a súa área de influencia, na busca dun modelo baseado na conservación da contorna litoral e mariña.

Os equipos de ECOBAS e da Asociación Amicos contaron co apoio dun campamento de nenos que tiñan moitas ganas de aprender e axudar a mellorar o ecosistema da praia.