20211217

ECOBAS celebrou o seu primeiro ‘Libra de Oficio’ do ano coa Editorial Galaxia como convidada

O Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS leva varios meses realizando unha serie de seminarios de transferencia chamados ‘Libra de Oficio’, cos que pretende achegar a actividade do tecido empresarial galego á sociedade en xeral.

Nesta ocasión o encontro tivo lugar no Museo Verbum de Vigo, onde máis de 20 persoas se reuniron nun encontro en torno a industria editorial galega, que tivo como protagonista á Editorial Galaxia.

Os relatores foron Inma López Silva, escritora que publica en Galaxia, e  Fran Castro; director xeral da propia editorial.