27/07/2021

ECOBAS camiña firme cara o recoñecemento como Centro de Investigación Interuniversitario despois de ser aprobado tamén polo Consello de Goberno da UDC

O xoves 22 de xullo foi a data na que a Agrupación Estratéxica ECOBAS foi recoñecida como centro de Investigación Interuniversitario polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña. 

Ó día seguinte, os directores de ECOBAS, María Loureiro e Carlos Hervés, mantiveron unha reunión telemática co persoal investigador e laboral que formou parte do Centro durante a súa etapa coma agrupación estratéxica, co a intención de facer balance do curso e informar dos avances cara o total recoñecemento como Centro de Investigación Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (SUG). 

Polo de agora ECOBAS conta con 16 investigadores e investigadoras garantes das tres universidades galegas. Todos eles son profesionais de prestixio, cunha traxectoria exemplar no ámbito da investigación e da docencia. Pero ademáis da investigación de excelencia, o futuro Centro apoiarase nos seus programas de formación e na transferencia para ser referencia internacional no eido das Ciencias Sociais, Economía e Empresa.