ECOBAS apraza tódolos eventos programados para os próximos días
As novas datas de celebración estableceranse cando se retome a actividade nos centros
Ante a situación derivada da aparición e evolución do coronavirus COVID-19 e a declaración de estado de alarma polo Goberno, o reitor da Universidade de Vigo adoptou diferentes medidas, entre elas atópase o peche temporal das instalacións e centros e a realización por parte do persoal de traballo non presencial, na medida do posible.
Como consecuencia, a agrupación estratéxica ECOBAS vese na obriga de adiar tódolos eventos programados para os próximos días, entre os que se atopaban:
- Seminario-conferencia “Despois da economía”, impartido por Daniel Alves, que se ía a levar a cabo o mércores 18 de marzo.
- Obradoiro “Lánzate a emprender en cooperativa”, organizado por Espazo Coop coa colaboración de ECOBAS, programado para os días 24, 26 e 31 de marzo, e 2 de abril.
- Xornada “Desenredando a economía circular”, organizada pola Universidade de Vigo no seo do Proxecto Oceanets, o día 24 de marzo.
Inicialmente, á espera de novos cambios, a actividade retomarase o día 29 de marzo e a partir de entón irase informando das novas datas de celebración de tódalas actividades.
Pola súa parte, o equipo de xestión de ECOBAS seguirá prestando os seus servizos, sempre que sexa posible, a través do teletraballo. Poden contactar coa agrupación empregando os diferentes medios telemáticos.
Seguiremos informando dos avances na situación, moitas gracias pola súa colaboración e moito ánimo.