25/09/26

“É fiscalmente neutral a automatización? Un marco analítico para medir o sesgo tributario entre traballo humano e IA”

O Premios Estudios Financieros que cada ano convoca o CEF, outorgou un accésit ao traballo desenvolvido por Alberto Vaquero, María Bastida e Miguel Á. Vázquez Taín, membros do equipo investigador de ECOBAS con afiliación á UVigo e á USC.

O prestixioso certame ven de celebrar a súa XXXVI edición “impulsando unha investigación que mira aos retos do presente”, enfatizando o vínculo entre coñecemento e aplicación práctica e salientando os enfoques novedosos, tamén orientados a anticipar escenarios e enunciar propostas para resolver casuísticas de nova xeración.

Dez traballos en total foron recoñecidos este ano nas tres modalidades que se convocan: Tributación, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, e Educación e Novas Tecnoloxías.

Tributación

O primeiro premio desta modalidade foi para Mario Cevallos-Zúñiga Ordóñez, avogado responsable da área de litigación tributaria en Mavens Abogados, por unha investigación sobre a utilización expansiva da simulación nas estruturas societarias intuitu personae.

O segundo premio nesta modalidade recaiu en Gerard Gané Baleyto, pola súa análise crítica do pago mínimo dos pagos fraccionados do imposto sobre sociedades á luz do Dereito da Unión Europea.

Pola súa banda, o accésit do traballo asinado polos membros de ECOBAS Alberto Vaquero García (UVigo), Miguel Ángel Vázquez Taín (USC) e María Bastida Domínguez (USC) introduce una cuestión especialmente vinculada á disrupción tecnolóxica que estamos a adoptar: a neutralidade fiscal da automatización e o posible nesgo tributario entre o traballo humano e a intelixencia artificial.

Todos os premiados

Na modalidade de Dereito do Traballo e da Seguridade Social, o primeiro premio distinguiu a Carolina Martínez Moreno, catedrática da Universidad de Oviedo, por unha investigación que plantexa unha concepción máis versátil e expansiva da garantía de indemnidade.

Laura Ionita Ionita foi a merecedora do segundo premio polo seu estudo sobre a desmaterialización do control empresarial mediante intelixencia artificial e as respostas xurídicas que plantexa. Os accésits corresponderon a Antonio Álvarez del Cuvillo, pola súa análise do razoamiento xudicial na calificación do acoso sexual ambiental, e a María Alexandra Díaz Mordillo, pola súa investigación sobre a desaparición do coeficiente global de parcialidade e os seus efectos sobre as persoas traballadoras a tempo parcial.

A IA foi tamén protagonista no apartado de Educación e Novas Tecnoloxías. Alejandro Salvador Gómez y Juan Carlos Bou Llusar, de la Universitat Jaume I, acadaron o primeiro premio cunha investigación que combina IA xenerativa, simuladores empresariais e aprendizaxe experiencial para fomentar o pensamiento crítico e o traballo en equipo na educación superior.

O segundo premio foi para Sonia Martín Gómez e Ángel Bartolomé Muñoz de Luna polo seu estudo sobre a percepción das titulacións universitarias e a empregabilidade na era da IA.

Por último, José María Fernández Yáñez, Beatriz Forés Julián e Alba Puig Denia recibiron un accésit polo deseño de contornas de formación directiva que combinan analítica de datos, IA xenerativa e xuízo humano.