25 de maio de 2022

O profesor José María Da Rocha, finalista dos premios da Asociación Europea de Economía Ambiental

O investigador acadou un posto finalista nos EAERE Award for Outstanding Publication in the journal Environmental and Resource Economics (ERE) 2022 polo seu paper titulado Dynamic Integrated Model for Assessing Fisheries: Discard Bans as an Implicit Value-Added Tax 

O profesor da Universidade de Vigo e investigador de ECOBAS,  José María da Rocha, ven de ser recoñecido como finalista ós premios da Asociación Europea de Economía Ambiental. O seu paper, recollido na revista académica Environmental and Resource Economics,  foi considerado como unha das mellores publicacións do 2021. Nel comparte autoría con J. García Cutrín, M.J. Gutiérrez, R. Prellezo e E. Sánchez.