Cristina Calvo Porral, investigadora de ECOBAS, galardoada con outro premio Emerald
A investigadora Cristina Calvo Porral, do Grupo Jean Monet de Competencia e Desenrolo Rexional (C+D Group) da Universidade da Coruña, recibiu un premio Emerald Literati Awards for Excellence polo artigo “Private Labels: the role of manufacturer Identification, Brand Loyalty and Image on Purchase Intention”.
A investigadora Cristina Calvo Porral do Grupo Jean Monet de Competencia e Desenrolo Rexional (C+D Group), membro de ECOBAS, recibiu un premio Emerald Literati Awards for Excellence coma co-autora do artigo Private Labels: the role of manufacturer Identification, Brand Loyalty and Image on Purchase Intention, publicado en 2015.
Coma no caso de Miguel González Loureiro, a publicación foi galardoada coa mención Highly Commended Paper 2016, nesta ocasión dentro da revista British Food Journal. Este recoñecemento é moi importante xa que confirma o traballo da investigadora coma autora dun dos artigos máis descargados dentro da revista.