
23/05/25
Convocatoria Mobilidade ECOBAS 2025 para o persoal investigador
A Dirección do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS publica en réxime de concorrencia competitiva a Convocatoria 2025 de Axudas ECOBAS de Mobilidade do Persoal Investigador.
O obxectivo desta convocatoria é o de co-financiar os desprazamentos do persoal investigador vinculado ao centro e que sexan realizados promocionando ou desenvolvendo as liñas estratéxicas da Axenda Científica de ECOBAS, e contribuíndo ao impulso da proxección e prestixio científico de ECOBAS como centro de investigación.
A presente convocatoria conta co financiamento de fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.