08/10/2024

CONVOCATORIA | BOLSAS ECOBAS DE INICIO NA INVESTIGACIÓN EN ECONOMÍA CURSO 24-25

Co obxectivo de promover a incorporación de estudantado interesado en iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS, o centro interuniversitario pón en marcha a convocatoria 2024 de Bolsas de Inicio á Investigación en Economía.

BOLSAS DE INICIO NA INVESTIGACIÓN EN ECONOMÍA · Curso 2024-2025
Convócanse un máximo de 6 bolsas de iniciación á investigación en economía para estudantado que cumpra cos seguintes requisitos:

a) Estar matriculado no curso 2024/2025 ou ben na totalidade dos créditos do Mestrado Interuniversitario en Economía da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo; ou ben matriculado a tempo completo no último curso de grao de Economía ou Administración de Empresas na Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
b) Ter un expediente académico superior a 7/10 puntos.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 28 de outubro de 2024 ás 23.59 horas (hora peninsular española).

As bases completas da convocatoria, publicada o martes 8 de outubro no taboleiro da Universidade de Vigo, pode consultarse no seguinte enlace:

https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1444

A presente convocatoria se realiza mediante Resolución Reitoral da Universidade de Vigo, no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de Accións Prioritarias de I+D+i 2023-2024, con cargo ao orzamento da Xunta de Galicia, no marco de Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026 (aplicación orzamentaria 10.3.561B.744.0), que inclúe no apartado de Novas estruturas de Investigación, Apoio a transformación das agrupacións estratéxicas como accións financiables relacionadas con ECOBAS.