CONVOCATORIA | BOLSAS ECOBAS DE INICIO NA INVESTIGACIÓN CURSO 23-24
Co obxectivo de promover a incorporación de estudantado interesado en iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS, o centro interuniversitario pón en marcha a convocatoria
BOLSAS DE INICIO NA INVESTIGACIÓN para o curso 2023-2024
Convócanse un máximo de 6 bolsas de iniciación á investigación en economía para estudantado que cumpra cos seguintes requisitos:
a) Estar matriculado no curso 2023/2024 ou ben na totalidade dos créditos do Mestrado Interuniversitario en Economía so SUG; ou ben estar matriculado a tempo completo no último curso de grao de Economía ou Administración de Empresas na Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
b) Ter un expediente académico superior a 7/10 puntos.
As bases completas da convocatoria, publicada o luns 9 de outubro no taboleiro da Universidade de Vigo, pode consultarse no seguinte enlace:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1171
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 23 de outubro de 2023 ás 23.59 horas (hora peninsular española).
A presente convocatoria se realiza mediante Resolución Reitoral da Universidade de Vigo, no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de Accións Prioritarias de I+D+i 2023-2024, con cargo ao orzamento da Xunta de Galicia, no marco de Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026 (aplicación orzamentaria 10.3.561B.744.0), que inclúe no apartado de Novas estruturas de Investigación, Apoio a transformación das agrupacións estratéxicas como accións financiables relacionadas con ECOBAS.