
CONVOCATORIA | BOLSAS DE VERÁN ECOBAS 2025: Iniciación á Investigación en Economía
Co obxectivo de promover a incorporación de estudantado interesado en iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS, o centro interuniversitario pon en marcha a convocatoria 2025 de Bolsas de Verán para Inicio á Investigación en Economía.
BOLSAS DE VERÁN ECOBAS: INICIO NA INVESTIGACIÓN EN ECONOMÍA · Curso 2024-2025
Convócanse un máximo de 6 bolsas de iniciación á investigación en economía para estudantado que cumpra cos seguintes requisitos:
a) Estar matriculada/o no curso 2024/2025 ou ben na totalidade dos créditos do Mestrado Interuniversitario en Economía da Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo; ou ben matriculada/o na totalidade de créditos que resten para finalizar de Economía ou Administración de Empresas na Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo.
b) No caso de estudantado de Grao ter superado ata o curso 2023/2024 180 créditos ECTS.
c) Ter un expediente académico superior a 7/10 puntos.
O prazo para a presentación de solicitudes remata o 31 de maio de 2025 ás 23.59 horas (hora peninsular española).
As bases completas da convocatoria, publicada o 16 de maio no taboleiro da Universidade de Vigo, pode consultarse na seguinte ligazón:
https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/show/1596
A presente convocatoria se realiza mediante Resolución Reitoral da Universidade de Vigo, no marco do Convenio de Colaboración entre a Consellería de cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de Accións Prioritarias de I+D+i 2025-2026, con cargo ao orzamento da Xunta de Galicia, no marco de Plan Galego de Financiamento Universitario 2022-2026, que inclúe no apartado de Novas estruturas de Investigación, Apoio a transformación das agrupacións estratéxicas como accións financiables relacionadas con ECOBAS.