01/12/2017
Conferencia: ANTÓN COSTAS. ‘Construir un novo contrato social. Cinco propostas’
Conferencia organizada por ECOBAS e impartida por Antón Costas, Catedrático de Política Económica e Presidente do Observatorio de Análise e Avaliación de Políticas Públicas da Universitat de Barcelona
Lugar de celebración: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, Universidade de Vigo. Salón de Graos
Data de celebración: Venres 1 de decembro, 13.00h
Organiza: ECOBAS
———————————————————————————————————-
Sobre Antón Costas…
Catedrático de Política Económica e Presidente do Observatorio de Análise e Avaliación de Políticas Públicas da UB, é columnista dos diarios El País, La Vanguardia e El Periódico de Cataluña, e as súas opinións aparecen tamén con frecuencia noutros medios de comunicación escritos e audiovisuais. A través dos seus artigos e conferencias participa activamente no debate público sobre os problemas económicos e sociais actuais.
Acaba de publicar El final del desconcierto. Un nuevo contrato social para que España funcione (Península, 2017). Outros libros recentes, escritos en colaboración con Xosé Carlos Arias, son: La nueva piel del capitalismo (Galaxia Gutemberg, 2016) ou La Torre de la arrogancia. Políticas y Mercados después de la tormenta (Ariel-Noema 2ª ed. 2012)
Presidiu e formou parte de diferentes comisións de expertos para asesorar a gobernos en cuestións de política pública, é conselleiro de varias empresas e foi Presidente do Círculo de Economía (2013-2016).
Documentación asociada: