14/10/26

Concesión provisional: Técnica/o comunicación proxecto ECOBAS-FECYT

📢PUBLICADA A CONCESIÓN PROVISIONAL DA PRAZA: 1126-183537

Como resultado do proceso de selección no concurso de méritos para participar no proxecto de divulgación de ciencias sociais “Saberes con Poderes” no marco da convocatoria de FECYT 2025 para o fomento da cultura científica, con data 14 de outubro de 2026 a Universidade de Vigo ven de publicar a resolución reitoral coa listaxe das persoas que concorreron á praza e as puntuación obtidas.

🙋🏻 A persoa que ocupará esta posición, en categoría de persoal técnico medio de apoio á investigación, terá entre as súas funcións a creación de contidos audiovisuais, redacción de guións, produción de podcasts e a creación de materiais de comunicación e promoción do proxecto Saberes con Poderes, e será responsable de executar a estratexia de difusión en canles propias e medios.

ℹ️ Consulta aquí toda a documentación da convocatoria: Concurso Público de Méritos 11/26 para a contratación de persoal de investigación da Universidade de Vigo

*** Contrato cofinanciado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT)