
Chegan as primeiras citas de ECOBAS do novo ano universitario
Comeza un novo curso Universitario e con el chegan os primeiros eventos de ECOBAS
Tralo descanso estival dá comezo o curso universitario 2016-2017 e con el chegan os primeiros eventos científicos, organizados co apoio de ECOBAS:
Pont Up Store 2016: do 22 ó 24 de setembro celébrase na Praza de España de Pontevedra a terceira edición deste evento, organizado polo grupo G4_Plus, co obxectivo de apoiar e promover a cultura emprendedora na sociedade. Podes consultar toda a información premendo aquí.
13thPEARL Conference: celebrarase os días 29 e 30 de setembro en Santiago de Compostela. Está organizada polo grupo GEN e durante estes dous días se tratarán aspectos relevantes sobre a economía e as finanzas públicas a nivel rexional. Consulta as novas aquí.
Workshop RIFDE-GEN: terá lugar os días 19 e 20 de outubro en Santiago de Compostela e está organizado pola “Red de Investigadores en Financiación autonómica y Descentralización Financiera en España (RIFDE)” e o grupo GEN de ECOBAS. Será un encontro centrado na sostenibilidade das finanzas públicas, en especial nas facendas subcentrais e a reforma da financiación autonómica. Preme aquí para obter máis información.