29/09/2022

Éxito da charla de Poonam Pandey no colexio Don Bosco dentro do marco das G-Night

Esta mañá a investigadora Poonam Pandey acudiu ó Colexio Plurilingüe Don Bosco en Vigo para impartir unha charla dentro do marco das actividades das G-Night (Noite galega das  persoas investigadoras). O alumnado de 3° e 4° ESO definiu como “moi enriquecedora” a súa presentación titulada “Como ser unha investigadora responsable”, que se enfocaba en temas como a economía circular e a investigación responsable (a coñecida como RRI), e axudaba a reflexionar como podemos conseguir mellorar o planeta dunha maneira sostible. 
A actividade foi organizada polo grupo Post-Growth Innnovation Lab coa colaboración de ECOBAS, e estaba incluída na programación da Noite europea das persoas investigadoras (G-Night) que coordina a Unidade de Cultura Científca na Universidade de Vigo.