CHAMADA ECOBAS | CONTRATOS RAMÓN Y CAJAL (RyC) 2023
PROCESO DE SELECCIÓN DE CANDIDATURAS ECOBAS PARA A SOLICITUDE DE CONTRATOS “RAMÓN Y CAJAL 2023”
ECOBAS abre un proceso de recollida de manifestacións de interese de persoal investigador posdoutoral que queira optar a incorporarse ao noso equipo á través dos contratos Ramón y Cajal (RYC) 2023 do Programa Estatal para Desenvolver, Atraer e Reter Talento do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023, Ministerio de Ciencia e Innovación, con publicación en Decembro 2023.
Con esta chamada, a dirección científica anima a todo o persoal permanente de ECOBAS a avaliar e mesmo estimular a presentación das devanditas manifestacións de interese, posto que as persoas seleccionadas a través deste proceso serán convidadas a presentar a súa candidatura ao programa de contratos Ramón y Cajal co respaldo científico de ECOBAS.
OBXECTIVO
O obxectivo destas axudas é promover a incorporación de persoal investigador doutor, español e estranxeiro, cunha traxectoria destacada, en centros de I+D españois, co fin de que adquiran competencias e capacidades que lles permitan obter un posto de carácter estable nun organismo de investigación do Sistema Español de Ciencia, Tecnoloxía e de Innovación.
FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS
- Aquelas persoas interesadas en formar parte deste proceso de selección deberán:
- Achegar un Currículo Vítae cunha extensión máxima de 4 páxinas.
- Presentar un plan de traballo que cumpra os requisitos da convocatoria
- De resultar seleccionada, a persoa solicitante adquirirá o compromiso de incorporación a ECOBAS en caso de adxudicación dun contrato Ramón y Cajal 2023.
- O prazo para presentar as manifestacións de interese estará aberto dende o día de publicación desta chamada ata o día 10 de xaneiro de 2023 ás 23.00h a través de correo electrónico a
SELECCIÓN
A comisión de selección deste proceso está composta por:
- Presidenta: María Loureiro García (Catedrática de Universidade e Directora Científica de ECOBAS)
- Secretaria: Emma María Iglesias Vázquez (Catedrática de Universidade e Secretaria Científica de ECOBAS)
- Vogais: Xavier Labandeira Villot (Catedrático de Universidade e Director de ECOBAS)
Se, por calquera causa, no momento en que a comisión avaliadora teña que examinar as solicitudes, algún/algunha dos/das compoñentes non pode asistir, substituirase pola persoa que para o efecto se nomee, recaendo noutro/a investigador/a membro da mesma entidade.
As candidaturas recibidas serán valoradas e ranqueadas polo Comité de Dirección do Centro, en base aos seguintes criterios:
- formación e publicacións científicas (ata un máximo de 50 puntos)
- encaixe do proxecto científico coa axenda científica de ECOBAS (ata un máximo de 30 puntos)
- outros méritos relacionados coa convocatoria (internacionalización: estadías, congresos, liderado en proxectos, e outros méritos relacionados) (ata un máximo de 20 puntos).
As convocatorias que obteñan a mellor valoración serán avaladas polo centro Interuniversitario ECOBAS á convocatoria Ramón y Cajal 2023.