06/10/2022

Celébrase o Workshop sobre Finanzas Sostibles na USC

Esta mañá tuvo lugar o “Workshop sobre impacto da Sostibilidade no Ámbito Financieiro: As Finanzas Sostibles” no Salón de Actos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.

O Workshop centrouse en diseminar os temas e desafíos máis relevantes no eido das finanzas medioambientais á vez que fixo de punto de encontro entre os distintos grupos de investigación das universidades do SUG e outros grupos de interés no ámbito empresarial, social e da administración pública, interesados en cómo integrar a sostibilidade no eido das finanzas. Contouse con intervencións de personalidades coma Loreto Fernández, Presidenta da delegación galega do IEAF, Inés García-Pintos, Senior Advidor para finanzas sostibles en Valora Consultores ou Manuel Nina, CCO de Goparity.

Finalizouse cunha Mesa Redonda en Proxectos e desafíos das finanzas sostibles nun contexto de crisis na que falaron os investigadores Julio Pombo, María Loureiro e Anxo Calvo e o delegado en Galicia da Asociación de Prodictores Enerxéticos Anpier, Antonio Cordonie.

Podedes disfrutar da gravación do workshop na nosa canle de Youtube