Celébrase en A Toxa a IX Reunión Anual do Foro Económico de Galicia
O evento tivo lugar os días 12 e 13 de abril, e contou coa participación de expertos de distintos ámbitos que debateron sobre temas da actualidade económica de Galicia.
A pasada semana tivo lugar na illa de A Toxa a reunión anual do Foro Económico de Galicia. O evento celebrouse o xoves 12 e o venres 13 de abril, e contou con expertos de distintos ámbitos para debater sobre importantes temas de actualidade, cun programa estruturado en catro bloques temáticos.
O xoves pola mañá, a delegada do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, Teresa Pedrosa, levou a cabo unha presentación sobre ó tamaño das empresas galegas baseada nos datos que aportan os estudos de Ardán. A mesa estivo moderada polo investigador Alberto Gago, e contou tamén cos comentarios de Xosé H. Vázquez, ambos pertencentes ó grupo REDE de ECOBAS. Pola tarde foi a quenda de Santiago Lago, investigador do grupo GEN e director do Foro Económico, que puxo sobre a mesa a análise da reforma do financiamento autonómico.
Na axenda do venres o debate centrouse na reestruturación do sector bancario español e nas relacións ferro-portuarias e as plataformas loxísticas de Galicia ante os desafíos do Corredor Atlántico, con presentacións de Joaquín Maudos (Ivie e Universitat de Valencia), Fernando Gonzalez Laxe (UDC) e Víctor Nogueira (Grupo Nogar).