09/05/2016

Celebrada en A Toxa a VII Reunión Anual do Foro Económico de Galicia

Os pasado 5 e 6 de maio tivo lugar en A Toxa a Reunión Anual do Foro Económico de Galicia, que contou coa participación de varios investigadores de ECOBAS

A cita anual do Foro Económico de Galicia reuniu en A Toxa durante os días 5 e 6 de maio a empresarios e expertos en economía de distintos ámbitos. A reunión desta plataforma, dirixida por Santiago Lago, investigador de ECOBAS, abriuse cun debate sobre a innovación en Galicia no que os investigadores Jorge González Gurriarán e Xosé H. Vázquez presentaron sendas ponencias sobre o tema. Ademais dunha diagnose sobre a I+D+i empresarial na que Galicia presenta un amplo espazo por percorrer, as propostas de actuación pública centráronse en dous ámbitos: por un lado, nas iniciativas que poden lograr unha transformación estructural da economía cara actividades de maior productividade asociada; por outro, nas reformas institucionais necesarias para liberar definitivamente un potencial de emprendemento e innovación aínda constreñido por factores legais, administrativos e de gobernanza pública.

Santiago Lago e Xoaquín Fernández Leiceaga analizaron noutra sesión o funcionamento e a achega a Galicia do actual modelo de financiamento autonómico (2009-16). Propuxeron un panel de actuacións e apoio noutras autonomías para encarar o próximo modelo. A ex conselleira de Facenda da Xunta de Galicia, Elena Muñoz, fixo o papel de comentarista no debate recordando que o actual modelo fixo perder a Galicia 1.400 millóns de euros en financiamento procedente do Estado (de 7.400M€ en 2009 a 6.000M€ en 2014).
En terceiro lugar, o Foro abordou a atracción de investimento estranxeiro. Xan López Facal presentou un traballo no que recomenda volver a intensificar a relación con Portugal para promover un desenvolvemento eurorrexional conxunto entre Galicia e o norte luso. Nos últimos doce anos o investimento das empresas galegas no estranxeiro quintuplica ao investimento estranxeiro desembolsado en Galicia. Por outro lado, Maite Ballester e Rafael Roldán, de Ernst&Young, presentaron un traballo sobre como potenciar o investimento privado en Galicia. O empresario Víctor Nogueira (Nogar) reclamou investimento estranxeiro para crear novas empresas e proxectos e non tanto para adquirir negocios xa existentes. Finalmente, a importancia do crédito e a banca propia foi o tema escollido para a conferencia do Conselleiro Delegado de Abanca, Francisco Botas, quen ademais abordou os factores clave do entorno no medio prazo para o sector bancario e como espera responder Abanca dende o punto de vista estratéxico.

Froito dos debates e as investigacións presentadas ó longo deses dous días, a organización propuxo unha serie de recomendacións de cara á negociación do novo modelo de financiamento autonómico, aprobou documentos encamiñados a mellorar a implantación da innovación nas empresas galegas, e fixo unha análise das posibilidades para captar investimento estranxeiro e xenerar emprego en Galicia a partir da internacionalización das empresas galegas.

Podes acceder a máis novas sobre o evento nos seguintes enlaces:

Foro Económico de Galicia:
O Foro Económico de Galicia celebrou o seu cumio anual
Faro de Vigo: 
“El modelo educativo no ha ayudado a la innovación”, apunta el Foro Económico 
La Voz de Galicia: 
El Foro Económico alerta del peligro de generalizar el cupo vasco 
Galicia invierte fuera 5 veces más de lo que capta del extranjero 
Economía Digital: 
Galicia invierte en el extranjero cinco veces más de los fondos que recibe del exterior 
La crisis se lleva por delante el 60% de las empresas innovadoras de Galicia