28/09/2016

Celebración do XIII PEARL Seminar en Santiago de Compostela

O evento terá lugar os días 29 e 30 de setembro na sede do Consello Económico e Social (CES Galicia)

O 29 de setembro dará comezo o PEARL Seminar (Public Economics at Regional and Local Level) na sede do Consello Económico e Social (CES Galicia) de Santiago de Compostela, sendo esta a primeira vez se celebra en España.

A XIII Edición deste encontro está dirixida por Santiago Lago, do grupo GEN, e conta coa colaboración de ECOBAS. Durante dous días, expertos internacionais debaterán sobre diversos temas de gran interese relacionados coa economía pública, que serán abordados dende unha perspectiva de goberno rexional e local.

Consulta máis información nos seguintes enlaces:
DERNET-GEN
Grupo GEN 

Documentación asociada:

Programa XIII PEARL Seminar.pdf