
Carlos Hervés recoñecido coa Medalla de Investigación 2021 da Real Academia Galega de Ciencias
O director do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS, recibe a medalla Domingo García-Sabell Rivas, da sección de “Ciencias Económicas e Sociais”.
As “Medallas de Investigación da Real Academia Galega de Ciencias”, que van pola súa terceira edición, recoñecen as traxectorias destacadas na ciencia e na tecnoloxía galegas, de científicos e científicas en activo. Os galardoados, en cinco seccións diferentes, contan cunha actividade consolidade e desenvolta maioritariamente en Galicia.
Este ano, a medalla Domingo García-Sabell Rivas, que premia a sección de ‘Ciencias Económicas e Sociais’, foi para Carlos Hervés (Marín 1953), catedrático da Universidade de Vigo desde 1989. Docente e investigador, o galardoado é ademáis director do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS (Economics and Business Administration for Society) e coordinador do grupo de investigación RGEAF (Research Group in Economic Analysis, Accounting and Finance).
“Se algún mérito poidera ter realmente, ese será o dunha longa traxectoria como docente e como investigador. Tiven a sorte de disfrutar da miña labor como profesor, porque nunca deixei de aprender. Síntome especialmente orgulloso dos meus discípulos, daqueles que iniciaron a súa carreira investigadora cunha tese doutural que no seu momento dirixón, que pronto se convertiron en coautores meus e que, hoxe en día, teñen unha exitosa carreira académica”.
As medallas entregaranse o xoves 8 de outubro, no Colexio Fonseca de Santiago, coincidindo co Día da Ciencia en Galicia.