Call for Papers para as X Xornadas de Usuarios de R en Galicia
A X Xornada de Usuarios de R en Galicia terá lugar o día 18 de outubro de 2023 na Aula Magna da Facultade de Matemáticas da USC.
Organizada pola Asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MeLiSA) e patrocinada pola AMTEGA (Xunta de Galicia), como en edicións anteriores incluirá relatorios sobre temas de actualidade co obxectivo de promocionar o coñecemento da linguaxe estatística R e as súas aplicacións.
A convocatoria tamén se centra en ofrecer un punto de encontro para todas aquelas persoas interesadas en intercambiar as súas experiencias e atopar colaboracións do resto da comunidade. Con ese enfoque, as persoas investigadoras que estean a traballar en proxectos empregando R e queiran presentar a súa experiencia na xornada poden enviar a súa proposta de relatorio antes do 25 de setembro de 2023 seguindo as indicacións da seguinte ligazón: CALL FOR PAPERS