28/07/2022
Call for Papers para as IX Xornadas de Usuarios de R en Galicia
Un ano máis ponse en marcha a organización das Xornadas de Usuarios R en Galicia, presentando este ano a novena edición. Como en anos anteriores, apoiado pola Facultade de Matemáticas da USC e o patrocionio da Xunta de Galicia.
Se estás a traballar en proxectos que empregan R, e queres presentar a túa experiencia na xornada, envía a túa proposta de relatorio antes do 25 de setembro de 2022 empregando os modelos dispoñibles no formulario que podes atopar na seguinte ligazón: CALL FOR PAPERS
Toda a información sobre o evento encóntrase na súa páxina web.