
30/04/26
LAST CALL: Solicita unha Bolsa ECOBAS de Inicio á Investigación
📢Se che interesa coñecer un centro de investigación por dentro e estudas en calquera das tres universidades do SUG, non perdas de vista esta convocatoria!
Co obxectivo de promover a incorporación de estudantado interesado en iniciarse na carreira investigadora, facilitando a súa formación teórica e práctica, así como a adquisición de novas capacidades e destrezas que permitan o desenvolvemento da competencia investigadora no ámbito de traballo da Axenda Científica de ECOBAS, o centro de investigación interuniversitario convoca 6 bolsas de iniciación á investigación.
⌛ PRAZO ata o xoves 7 de maio de 2026 ás 23:59 h