11/04/24

Apertura da convocatoria de Axudas ECOBAS 2025 para a realización de actividades de I+D+i

A Dirección do Centro de Investigación Interuniversitario ECOBAS publica en réxime de concorrencia competitiva a Convocatoria 2025 de Axudas ECOBAS para a Realización de Actividades de I+D+I.

O obxectivo desta convocatoria é o de promover e apoiar a realización de actividades de I+D+i por parte do persoal investigador do centro ECOBAS, especificamente aquelas que posibiliten o desenvolvemento das liñas estratéxicas da Axenda Científica do centro e contribúan ao impulso da proxección e prestixio científico de ECOBAS.