11/06/2018

Aberto o prazo de presentación de candidaturas ó Pont Up Store 2018

Xa é posible presentar candidaturas para participar na 5ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra.

Xa é posible presentar candidaturas para participar na 5ª edición do Encontro de Emprendemento PONT-UP STORE que se celebrará os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra. Esta iniciativa, liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal, é froito da cooperación de máis de 35 entidades públicas e privadas, entre as que se atopa ECOBAS, que durante estes cinco anos foron sumándose ata conformar un ecosistema de apoio ao emprendemento co obxectivo de converter a Pontevedra durante tres días na capital galega das mellores iniciativas empresariais.

Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades demostrativas dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 4 escoitantes, representantes de importantes empresas e entidades galegas, coa novidade de que este ano as presentacións serán abertas ao público e haberá tempo para a réplica por parte das escoitantes.

As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades desde o 29 de maio ao 8 de xullo a través da web www.pontupstore.com. A decisión do comité organizador farase pública o 24 de xullo.