Aberto o prazo de inscrición para o curso “Programación de Experimentos con Z-Tree”
O curso se celebrará os días 21 e 22 de xuño na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense
Os próximos días 21 e 22 de xuño terá lugar na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do Campus de Ourense o curso “Programación de Experimentos con Z-Tree”, co-organizado por ECOBAS.
O curso estará impartido pola profesora María J. Expósito, da Universidade Pablo Olavide de Sevilla, e nel os participantes terán a oportunidade de adquirir coñecementos básicos para o desenrolo e programación dun experimento nun laboratorio experimental empregando o software Z-Tree.
O curso terá lugar na Aula 1.E do centro e o horario será de 15.00 a 20.00. Os interesados en rexistrarse na actividade poden facelo enviando un correo electrónico a .
Máis información no documento adxunto e nos seguintes enlaces:
Noticia DUVI
Seminarios e cursos da FCETOU