
Remate do 2º prazo para a solicitude de axudas ECOBAS 2025 para asistencia a encontros científicos
Con data de 15 de outubro finaliza o prazo de recepción de solicitudes da Convocatoria ECOBAS 2025 de axudas á mobilidade para asistencia a encontros científicos de persoal investigador.
O obxectivo desta convocatoria, publicada en réxime de concorrencia competitiva o pasado 31 de xullo, é o de co-financiar os desprazamentos do persoal investigador adscrito ao centro e que sexan realizados para asistir a congresos, seminarios, obradoiros ou conferencias, cursos de formación especializada e visitas preparatorias para colaboración ou propostas, que fomenten a participación activa do persoal de ECOBAS en proxectos autonómicos, nacionais, europeos ou internacionais altamente competitivos.
- Periodo dos desprazamentos: entre o 1 de agosto e o 31 de outubro de 2025.
- Segundo prazo para a presentación de solicitudes:
- Do 15 de setembro ao 15 de outubro de 2025 ás 23.59 h.
A presente convocatoria conta co financiamento de fondos FEDER procedentes das axudas para a concesión da acreditación de excelencia e para o apoio aos centros de investigación do SUG.
DOCUMENTACIÓN DA CONVOCATORIA
Anexo I. Formulario de Solicitude
Anexo II. Memoria da realización do desplazamento
Anexo III. Modelo de aceptación ou renuncia