09/01/2018

A Universidade de Vigo organiza a xornada ‘Oportunidades de Financiamento 2018-2020 no ámbito da investigación mariña’

Xornada organizada polo CIM-UVigo, o Campus do Mar e a Área Técnica de I+D+i da Universidade de Vigo sobre os principais instrumentos de financiamento a nivel europeo, interrexional e autonómico

O Centro de Investigación Mariña (CIM-UVigo), o Campus do Mar e a Area Técnica de I+D+i da Universidade de Vigo coorganizan a xornada “Oportunidades de Financiamento 2018-2020 no ámbito da investigación mariña”, que terá lugar o vindeiro 15 de xaneiro.

O obxectivo desta xornada será dar a coñecer os principais instrumentos de financiamento da investigación no ámbito mariño a nivel europeo, interrexional e autonómico. Ademais, os/as investigadores/as interesados/as poderán concertar unha reunión coas tres entidades organizadoras para expoñer as súas ideas de proxecto e explorar posibilidades de colaboración. No evento, que terá lugar na Sala 1 do Edificio Miralles do Campus de Vigo, participarán, entre outros, o director da Área Técnica de I+D+i, Anxo Moreira, e o director do Campus do Mar, Emilio Fernández.  

Pódese consultar o programa completo no seguinte enlace, e as inscricións deberán facerse enviando un correo electrónico antes do 12 de xaneiro a .