29/10/26

A paradoxa de xénero na felicidade: un estudo do caso español

Existen distintos patróns de benestar subxectivo? Como inciden os roles de xénero na nosa percepción da felicidade?

Rebeca De Juan Díaz (UNED) e o investigador de ECOBAS na Universidade da Coruña, José Atilano Pena López, veñen de analizar a denominada “paradoxa de xénero na felicidade”, ou por que as mulleres presentan á vez un maior benestar subxectivo e un menor benestar emocional.

O seu traballo, publicado na Revista Internacional de Sociología, avanza ademais no estudo dos factores socioeconómicos, psicosociais e culturais que condicionan este fenómeno.

O certo é que “as mulleres están máis satisfeitas coas súas vidas, pero senten máis emocións negativas no seu día a día”. Así de contundente se amosan os autores ao presentar algúns resultados do seu estudo na plataforma editorial de divulgación científica The Conversation, onde explican esta contradicción xenuinamente humana: é posible estar satisfeito coa vida e, ao mesmo tempo, experimentar estrés, ansiedade ou tristeza.

🧐Para coñecer as novidades que aporta esta recente investigación e comprender de que forma a ciencia social está a abordar o estudo da felicidade, convidámoste a ler o artigo Las mujeres están más satisfechas con sus vidas, pero sienten más emociones negativas en su día a día en The Conversation.

Tamén podes acceder aquí ao paper completo: La paradoja de género en la felicidad: un estudio del caso español. Revista Internacional de Sociología RIS, 84 (1), 2026, e293.

https://doi.org/10.3989/ris.2026.84.1.1516