22/05/24

A mocidade investigadora presenta os avances do seu traballo na Asamblea do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia

O espazo dedicado á mocidade investigadora na IV Asamblea do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia do Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR) foi o marco no que David Hervés Pardavila, investigador predoutoral de ECOBAS, presentou o pasado 22 de maio os avances no caso de estudo sobre a simulación do impacto do aumento do nivel do mar sobre as marismas. Este traballo forma parte da análise das actividades humanas no litoral integrando os aspectos biofísicos cos socioeconómicos, cometido do paquete de traballo 10 “Intervención transformadora para a resiliencia do entorno litoral en Galicia” que lidera a directora científica de ECOBAS, María Loureiro.

O formato de charlas curtas a cargo da mocidade investigadora que está a traballar nas institucións e centros de investigación comprometidos no programa serviu para presentar os avances tanto no desenvolvemento de ferramentas innovadoras para a observación mariña como para a xestión dos recursos mariños, así como para realizar unha aproximación cara novos modelos para a producción acuícola, entre outros.

Esta cuarta asamblea del Programa de Ciencias Mariñas de Galicia estuvo estructurada en tres bloques temáticos e cinco paneis nos que se enmarcaron 36 ponencias a cargo do persoal e xóvenes investigadores de Meteogalicia, IEO-CSIC da Coruña e Vigo, IIM-CSIC, Intecmar, CETMAR, CESGA e as universidades de Santiago, Vigo e A Coruña.

A protección e a xestión sostible dos servizos dos ecosistemas mariños é o desafío principal do Programa de Ciencias Mariñas de Galicia no que ECOBAS está presente a través da liña de actuación dedicada á innovación, o coñecemento e as oportunidades de adaptación ao cambio na economía do mar. Neste programa participan 250 investigadores e investigadoras pertencentes a 89 grupos de investigación de múltiples disciplinas e de todas as institucións públicas implicadas na xeneración de ciencia mariña de Galicia.