10/10/24

A investigadora de ECOBAS Cristina Calvo Porral, premio Emerald Literati Awards 2024

O traballo titulado “The influence of social media celebrity endorsement on beer and wine purchase behaviour” e asinado pola investigadora permanente de ECOBAS Cristina Calvo Porral (UDC), en coautoría con Jean-Pierre Lévy-Mangin (Université du Québec en Outaouais), vén de ser recoñecido como Outstanding paper nos Emerald Literati Awards 2024.

Cristina é Licenciada en ADE por ICADE (Universidad Pontificia de Comillas), Licenciada en Investigación e Técnicas de Mercado pola mesma institución e Doutora en Economía pola UDC.

Conta con experiencia profesional de dez anos como responsable no Departamento de Internacionalización de Sociedad Textil Lonia, S.A. (Carolina Herrera y Purificación García) e ten recoñecidos dous sexenios de investigacion pola Comisión Nacional Avaliadora da Actividade Investigadora (CNEAI) para os períodos 2010-2015 y 2016-2021.

Noraboa por este recoñecemento e moitos parabéns de todo o equipo ECOBAS!!!