11/01/2018

A investigadora Cristina Calvo é novamente galardoada nos ‘Emerald Literati Awards for Excellence’

Esta é a segunda vez que recibe este premio, que xa obtivo na edición do ano 2016 por unha publicación nesa mesma revista.

Cristina Calvo Porral, pertencente ó Grupo Jean Monet de Competencia e Desenvolvemento Rexional (C+D Group) de ECOBAS, foi unha das galardoadas na última edición dos premios outorgados pola editorial Emerald. A investigadora obtivo o premio 2017 Highly Commended Award dentro da revista British Food Journal polo traballo publicado no ano 2016, en co-autoría con Jean-Pierre Levy-Mangin, titulado Food private label brands: the role of consumer trust on loyalty and purchase intention.  

Esta é a segunda vez que a investigadora acada un destes premios, xa que na anterior edición tamén foi premiado un dos seus traballos dentro desa mesma revista.