03/10/2022

A Feira Científica G-Night amosa ao público o interesante que é a ciencia

O pasado venres levárouse a cabo a Feira Científica G-Night, organizada pola Unidade de Cultura Científca da Universidade de Vigo, na Praza do Berbés ata onde se achegaron multitude de persoas interesadas en descubrir novos aspectos da ciencia.

O equipo de ECOBAS estivo presente e preparou un xogo de preguntas e respostas relacionadas coa economía para que tanto adultos coma nenos aprendesen máis sobre finanzas, medio ambiente, responsabilidade social e moito máis. Tamén levaron moitos premios ecosostibles.