12/12/2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolve a concesión das axudas ós centros singulares e agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia

CINBIO, ECIMAT e AtlantTIC conseguen captar máis de 4.7 millóns de euros para a Universidade de Vigo nos próximos 4 anos.

O pasado 9 de decembro publicouse no Diario Oficial de Galicia a resolución pola cal a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeu as axudas para a acreditación, estruturación e mellora de centros singulares de investigación e de agrupacións estratéxicas consolidadas do Sistema Universitario de Galicia (SUG).  

Das sete axudas concedidas en toda a comunidade galega, tres delas son para á Universidade de Vigo, dúas na modalidade de centros singulares (CINBIO e ECIMAT) e unha na modalidade de agrupación estratéxica consolidada (AtlantTIC). As tres organizacións viguesas conseguen desde xeito captar máis de 4,7 millóns de euros, que se repartirán entre catro anualidades dende este ano 2016 ata 2019. A consecución destas axudas supón un recoñecemento á súa calidade investigadora e lles permitirá seguir mellorando en infraestrutura, persoal e recursos e, polo tanto, continuar a incrementar a súa excelencia dentro dos seus respectivos ámbitos científicos.

Documentación asociada:

Resolucion convocatoria.pdf