22/02/2022

A compañía eléctrica XENERA participa no noso Libra de Oficio

Esta mañá organizouse unha nova edición dos nosos seminarios de transferencia “Libra de Oficio”. Nesta ocasión contamos con Ulises Varela, o socio fundador e xerente da compañía eléctrica XENERA que abriunos as portas ao mundo do sector eléctrico e como funciona a distribución e comercialización da enerxía. Xenera é unha compañía galega que pon en valor que a enerxía sexa 100% galega e 100% verde.

 

Podedes disfrutar do seminario na nosa canle de Youtube