
07/05/2021
A Ciencia ten nome de Muller: a investigación en Economía e Empresa
O 7 de maio celebraremos un encontro, presentado por Manuel Vicente, no que falaremos con cinco investigadoras de ECOBAS sobre os seus proxectos de investigación e o papel da muller na ciencia e a sociedade
A actividade, dirixida a todos os públicos, contará coa participación de cinco das nosas investigadoras, que nos falarán da súa experiencia e visión sobre o papel das mulleres no eido da investigación, e nos achegarán a algúns proxectos que levan a cabo sobre cuestións de xénero.
Lugar de celebración: Museo do Mar (Vigo)
Lugar de celebración: Museo do Mar (Vigo)
Data de celebración: 7 de maio de 2021
Organiza: ECOBAS
Como asistir:
· Para a asistencia presencial será imprescindible inscrición previa, enviando un correo electrónico antes do 5 de maio a indicando nome, apelidos e teléfono móbil. O aforo será limitado, e as prazas asignaranse por orde de inscrición.
– Poderase asistir tamén de maneira virtual a través de UVigo TV, seguindo este enlace (asistencia libre)
A audiencia (tanto presencial coma virtual) poderá conversar e tasladar as súas preguntas ás investigadoras.
PROGRAMA DO EVENTO:
O evento estará conducido por Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervesciencia, da Radio Galega.
O evento estará conducido por Manuel Vicente, director e presentador do programa Efervesciencia, da Radio Galega.
17.00-17.10.h. Benvida a cargo de Águeda Gómez, Directora da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo17.10-17.45h. Conversa coas investigadoras. Manuel Vicente afonda nas liñas e proxectos de cada investigadora.17.45-18.15h. Debate aberto e preguntas da audiencia18.15-18.30h. Peche e sorpresa final
Documentación asociada: