A Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia outorga un premio ó Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da UVigo
Onte tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia a cerimonia de entrega dos ‘IV Premios ‘Medio Ambiente APROEMA’. Nesta carta edición, o premio na modalidade de centros académicos foi para o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible (MXDS) da Universidade de Vigo, que coordina a investigadora de ECOBAS Pilar Piñeiro, do que se valorou de xeito especial a multidisciplinariedade da formación que imparte en materia de sostenibilidade e protección do medio ambiente. Xunto co MXDS, foron premiados tamén a Autoridade Portuaria de Vigo polo proxecto BlueGrowthVigo; a empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste S.L. pola rexeneración Mina de Touro; a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia, polo proxecto SANePLAN; e o IES Virxe do Mar.O programa formativo recibiu un dos cinco galardóns outorgados nesta edición dos ‘Premios Medio Ambiente APROEMA’
Onte tivo lugar no Círculo de Empresarios de Galicia a cerimonia de entrega dos ‘IV Premios ‘Medio Ambiente APROEMA’. Nesta carta edición, o premio na modalidade de centros académicos foi para o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible (MXDS) da Universidade de Vigo, que coordina a investigadora de ECOBAS Pilar Piñeiro, do que se valorou de xeito especial a multidisciplinariedade da formación que imparte en materia de sostenibilidade e protección do medio ambiente.
Xunto co MXDS, foron premiados tamén a Autoridade Portuaria de Vigo polo proxecto BlueGrowthVigo; a empresa Tratamientos Ecológicos del Noroeste S.L. pola rexeneración Mina de Touro; a Fundación Instituto Tecnolóxico de Galicia, polo proxecto SANePLAN; e o IES Virxe do Mar.