31/08/2023

XXIV BIOECON: Biodiversidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS)

Co título “Biodiversidade e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable” a XXIV Conferencia Internacional BIOECON terá lugar na Universidade de Santiago de Compostela os días 31 de agosto e 1 de setembro de 2023. Este evento será de interese tanto para a comunidade científica como para os responsables da elaboración das políticas públicas vencelladas á economía e as finanzas e o seu impacto na biodiversidade.

O congreso contará como relatores de excepción coa participación de Erin Sills (NC State University) e Rashid Sumaila (U. British Columbia).

Ademais, no marco da XXIV edición de BIOECON terán lugar distintas sesións paralelas para abordar un amplo abano de apartados nos que se sitúan os retos do futuro en materia de biodiversidade e os ODS: economía do mar e dos océanos, deforestación e desenvolvemento, seguridade alimentaria, conservación da vida salvaxe e especies en perigo, gobernanza e responsabilidade, entre outros.

XXIV BIOECON official website