Xornadas Técnicas RedOTRI 2024
Xornadas técnicas RedOTRI 2024
Xoves 30 de Maio de 2024, de 9.45 h a 21.00 h
Venres 31 de Maio de 2024, de 9.00h a 15.00 h (CET)
Universidade da Coruña | Rúa Maestranza, 9 – 15001 A Coruña
RedOTRI organiza unha nova edición das súas xornadas técnicas, que neste ano 2024 se celebran os vindeiros días 30 e 31 de maio na Universidade da Coruña.
As recomendacións sobre transferencia do coñecemento que emanan da Comisión Europea; estratexias e aplicacións prácticas da Intelixencia Artificial para potenciar a transferencia do coñecemento; similitudes ediferenzas co ecosistema de transferencia alemán; e transferencia e emprendemento con perspectiva de xénero son algúns dos temas que se abordarán ao longo deste encontro.
“Mulleres investigadoras e tecnólogas que analizan a transferencia e o emprendemento” é o título da mesa na que participará a directora científica de ECOBAS, María Loureiro, xunto con Eva López Barrio, Coordinadora de Innovatia 8.3; as profesoras da UDC Ana Jesús López Díaz e María Carreiro; e Sonia Martínez Arca, CEO de Batea Oncology (xoves 31/05/24 de 10 h a 11 h).
Ligazón á información completa do evento