
Xornada de presentación: Mapa de Recursos para a Economía Circular en Galicia e Portugal
Ourense, 14 de outubro, 2026
O consorcio transfronteirizo do proxecto BIO_TRANSFER_GNP liderado por ECOBAS celebra a xornada de presentación do «Mapa de recursos para a Economía Circular na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal» o 14 de outubro no Campus As Lagoas de Ourense.
Nesta sesión, as persoas participantes coñecerán a ferramenta de intelixencia artificial desenvolvida polo consorcio para identificar oportunidades de acción en economía circular cos subprodutos da cadea de valor agroalimentaria.
Esta ferramenta dixital, deseñada para contribuír á transición cara un modelo produtivo circular e descarbonizado, cuantifica e caracteriza subprodutos industriais da cadea de valor dos alimentos para facilitar a simbiose e a xeración de biocompostos de alto valor engadido mediante intelixencia artificial.
🙋🏼 PÚBLICO DESTINATARIO:
Empresas, centros de coñecemento, personal investigador e outros axentes do ecosistema BioCircular de Galicia e Norte de Portugal
📍 PRESENCIAL 🙋🏻 AFORO LIMITADO
