
Xornada: “Ciencia e Comunidade: Arredor do Lume na ZONA 0”
Calor intenso e sequías persistentes son síntomas dunha tendencia confirmada pola Organización Meteorolóxica Mundial (OMM). Ambos factores avivan o risco de incendios forestais e contaminación atmosférica, dando lugar a un escenario ao que cada vez nos enfrontamos máis a miúdo. Ciencia, investigación multidiscliplinar e colaboración cidadá, son fundamentais para atopar solucións.
Transcorridos dous meses trala vaga de lumes que no verán de 2025 asolou a provincia de Ourense, parte de Castela e León e Extremadura, ECOBAS se traslada a Larouco, a zona cero desta catástrofe ambiental, económica e social, para analizar os impactos físicos e sociais do acontecido.
O de Larouco, con 32.000 hectáreas de superficie queimada, foi confirmado como o peor da historia da nosa comunidade autónoma. Pero máis datos disparan as alarmas: a superficie de monte queimado en Galicia en 2025 elévase ao 40% das hectáreas asoladas polo lume en toda a última década.
Coa colaboración do Concello de Larouco e co-organizada pola directora científica de ECOBAS, María Loureiro, e a investigadora do Grupo HC1 da Universidade de Vigo, María Isabel Doval, a presente xornada, aberta a toda a cidadanía, contará coa intervención de persoas expertas e representantes de distintos colectivos directamente afectados e ocupados en atopar as vías de mellora para que nada igual volva a suceder no futuro.
EVENTO PRESENCIAL
- DESCARGAR PROGRAMA
- DATA: Venres 14 de novembro, 2025
- HORARIO: de 11.00 a 16.00 h.
- LUGAR: Larouco (Ourense). Casa da Cultura – Antiga Escola (xunto á farmacia). Ver ubicación.
- Aforo limitado. IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN:
EVENTO PRESENCIAL
- DESCARGAR PROGRAMA
- DATA: Venres 14 de novembro, 2025
- HORARIO: de 11.00 a 16.00 h.
- LUGAR: Larouco (Ourense). Casa da Cultura – Antiga Escola (xunto á farmacia). Ver ubicación.
- Aforo limitado. IMPRESCINDIBLE INSCRICIÓN: