XORNADA “A cuestión enerxética en Galicia: entre economía, territorio e sociedade”
“A cuestión enerxética en Galicia: entre economía, territorio e sociedade”
CONSELLO DA CULTURA GALEGA
Praza do Obradoiro, s/n – Pazo de Raxoi, 2º andar – SANTIAGO DE COMPOSTELA
5 e 6 de Xuño de 2024
Reflexionar sobre os impactos económicos, sociais, patrimoniais e ambientais que ten o modelo de transición enerxética que se está apuntalando en Galicia é o propósito destas xornadas que organiza o Consello da Cultura Galega, na procura dunha reflexión serena ao redor dos conflitos que a provisión de diferentes servizos ecosistémicos presentes no territorio está a provocar coa crise enerxética.
Para aportar a perspectiva que engaden as Ciencias Sociais a un asunto tan complexo, o panel de expertos convidados contará coa participación da directora científica de ECOBAS, María Loureiro, así coma do director adxunto do centro de investigación interuniversitario, Xavier Labandeira.
Sobre o contexto global do desafío climático e as políticas con que contamos para afrontalo, o catedrático Xavier Labandeira pronunciará a conferencia “Políticas de transición enerxética: aproximación económica” o mércores día 5 ás 12:00 horas. Despois da pausa de medio día, ás 16:30 horas, terá lugar a primeira das mesas redondas, moderada por María Loureiro e Fernando de Llano Paz, para dirixir a conversa sobre os aspectos socioeconómicos do modelo enerxético en Galicia.
- Información completa do evento e programa detallado na páxina web do Consello da Cultura Galega
- Entrada libre e gratuita para asistir de forma presencial
- Aforo limitado. Ligazón á inscrición.