14/10/2025

Conferencia “Terras Gauda: un caso de éxito na transición xeracional” | Cátedra de Empresa Familiar UVigo

O relevo xeracional é unha das cuestións clave que afectan á concepción das empresas familiares, dende a definición do modelo de negocio ata a súa evolución e crecemento, consolidación e sostibilidade a longo prazo. Dende o seu nacemento a propiedade recae no seo da familia fundadora, e a vocación de mantemento desta concepción conleva múltiples implicacións en termos de gobernanza, conceptualización de produtos, plans de expansión e internacionalización, etc.

Polo seu carácter estratéxico e co obxectivo de dar a coñecer a visión e as aprendizaxes deste proceso nunha compañía emblemática da nosa contorna que hoxe transcende moito máis aló das nosas fronteiras, a Cátedra de Empresa Familiar da UVIGO que dirixe a investigadora permanente de ECOBAS Elena Rivo organiza esta conferencia, na que teremos o pracer de escoitar en primeira persoa a Antón Fonseca Fernández, CEO e vicepresidente do Grupo Terras Gauda e presidente do Fórum Familiar da Asociación Galega de Empresa Familiar.

O acto será presentado polo vicerreitor do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Javier Rodríguez Rajo.

“Terras Gauda: un caso de éxito na transición xeracional”

Informacións prácticas:

  • DATA: Martes 14 de outubro de 2025
  • HORA: 10:00 h.
  • ASISTENCIA PRESENCIAL: Campus de Ourense – Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial. Acceso libre ata completar aforo.

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a

“Terras Gauda: un caso de éxito na transición xeracional”

Informacións prácticas:

  • DATA: Martes 14 de outubro de 2025
  • HORA: 10:00 h.
  • ASISTENCIA PRESENCIAL: Campus de Ourense – Salón de Graos do Edificio Xurídico-Empresarial. Acceso libre ata completar aforo.

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a