22/02/2024

Seminario FIREC: Sesión 2.1 Método de cálculo do custo de emisión de gases de efecto invernadoiro en vertedoiro

Xoves 22 de febreiro ás 16:30h (CET)

O Foro de Intercambio de Coñecemento sobre Residuos e Economía Circular (FIREC) que dirixe o investigador permanente de ECOBAS J. José Pernas celebra o vindeiro xoves 22 de febreiro un seminario para abordar a aplicación da nova orde TED/789/2023, de 7 de xullo, pola que se establece o método de cálculo do custo de emisión de gases de efecto invernadoiro en vertedoiro.

A sesión, que será retransmitida online e aberta ás persoas investigadoras membros de ECOBAS, contará coa participación dos seguintes relatores convidados:

  • Jacobo Moreno Lampaya, Director de Ingeniería, Transformación Sostenible y Gestión Avanzada de Residuos. EnviroHub.
  • Ignacio Aguilar Pastor, Director da Área Técnica de Residuos Sólidos Urbanos de Castilla La Mancha.
  • María Vázquez García, Directora Xeral. Grupo Gestán.

INFORMACIÓN PRÁCTICA