23/10/2026

Seminario de Investigación: Ana Espinola Arredondo (Washington State U.)

“Data Center Incentive Programs and Water Uncertainty”

Santiago de Compostela, 23 de outubro, 12:00 h (CET)

Ana Espinola é profesora na School of Economic Sciences da Washington State University, investigadora distinguida no Departamento de Análise Económica da Universidade de Valencia e coeditora xefa de Environmental and Resource Economics (ERE) e International Review of Environmental and Resource Economics (IRERE).

A súa investigación céntrase na Economía Ambiental, na Teoría dos Xogos e na Organización Industrial. Estuda os efectos estratéxicos da regulación ambiental sobre as empresas e os consumidores, así como a xestión de recursos de dominio común, a adaptación ao cambio climático, o papel de sinalización das etiquetas ecolóxicas baixo incerteza e a interacción de múltiples axencias reguladoras nas decisións de fusión.

No traballo teórico que presentará neste seminario, Espinola explora o impacto dos subsidios entregados aos data center cando existe incertidume no inventario de augas.

Para participar no seminario, elixe a túa modalidade:

  • PRESENCIAL: Santiago de Compostela. Fac. CC. Económicas e Empresariais da USC.
  • ONLINE: ECOBAS Academy (vía Teams). Imprescindible REXISTRO previo aquí.
    • Recibirás un email de confirmación cos datos de acceso.
    • Recomendamos realizar o rexistro alomenos con 15 minutos de antelación.