02/04/2025

Riscos e Ciberseguridade: Blockchain, Criptografía e Criptoactivos | Cátedra CECOCIB

A Cátedra Economía da Ciberseguridade USC-INCIBE que codirixen os investigadores permanentes de ECOBAS María Bastida e Miguel Vázquez Taín organiza este seminario en colaboración coa aula profesional ECOADE. 

A cargo do experto Pablo López Gutiérrez, director de Equantum Ciberseguridad & Blockchain S.L., nesta sesión analizaranse os riscos de seguridade asociados co uso de blockchain e criptografía, así coma o seu papel na protección de datos e activos dixitais. Se profundizará nos perigos derivados da utilización de criptoactivos, incluíndo vulnerabilidades e ameazas comúns. Ademais, abordarase a importancia da monitorización continua e o uso de ferramentas de forensics no contexto da ciberseguridade para detectar e previr posibles incidentes de seguridade relacionados coas criptomoedas e a tecnoloxía blockchain.

Informacións prácticas:

  • DATA: Mércores día 2 de abril de 2025
  • HORA: 12:30 h.
  • MODALIDADE: Presencial. Necesaria INSCRICIÓN AQUÍ.
  • LUGAR: Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais – Salón de Graos.

Para máis información sobre as novidades e actividades da Cátedra CECOCIB, visita a súa web oficial.

Se precisas dirixirnos unha consulta, escríbenos a