23/02/2022

Presentación dos libros ‘Wasteocene’ e ‘Forces of Reproduction’, organizada polo grupo Post-Growth Innovation Lab. Mércores 23 de febreiro

Mércores, 23 de febreiro, ás 19.00h (CET) horas
Casa das Campás, Pontevedra. Entrada libre ata completar aforo

As persoas asistentes poderán degustar un viño e tapas veganas.

O evento poderá seguirse tamén de maneira virtual a través de Youtube.

——————————————

O grupo Post-Growth Innovation Lab, da Universidade de Vigo, organiza este encontro onde se presentarán os libros ‘Forces of Reproduction‘, de Stefania Barca (USC), e ‘Wasteocene’, de Marco Armiero (KTH de Estocolmo).